Curso de novas tecnoloxías para persoas maiores en Oia

Trátase dun programa formativo no uso de caixeiros automáticos, teléfono móbil, máquinas de quendas en hospitais e a aplicación do Sergas

O Concello de Oia acollerá nos meses de marzo e abril unha nova formación en novas tecnoloxías, neste caso destinada a persoas maiores. A iniciativa, que desenvolverá a Fundación Amigos de Galicia, ten como obxectivo fomentar a autonomía e independencia das persoas de máis de 65 anos.

O programa “Mellor Acompañad@s” da Fundación Amigos de Galicia desenvolverase nun total de 4 sesións os venres 15 e 22 de marzo e 5 e 12 de abril. As clases terán lugar na aula mentor (antiga biblioteca municipal, nos baixos da Casa do Concello) en horario de 10.00 a 12.30 horas.

A formación é gratuíta e cómpre reunir a un grupo mínimo de 15 persoas para levala a cabo. As veciñas e veciños que queiran participar poden inscribirse chamando ao seguinte teléfono do Concello: 639.32.94.93.

As actividades a desenvolver buscan ensinar ás persoas maiores de 65 anos as nocións precisas para desenvolverse cun caixeiro automático (para o que se empregarase un simulador) e para que podan utilizar o teléfono móbil sen dificultade (agregar contactos na axenda, realizar videochamadas, uso do GPS, descarga de aplicacións, conexión a redes Wifi, etc.). Tamén se capacitará no uso das máquinas de quendas dos hospitais e na aplicación móbil do Sergas.

Pin It on Pinterest

Share This