Curso de Oncoloxía Integrativa en Oia: integrando outras miradas no proceso de atención a pacientes oncolóxicos
A Universidade de Santiago de Compostela organiza o segundo curso de Oncoloxía Integrativa, a celebrar dende o 18 ao 21 de xullo, nas instalacións do Tálaso Atlántico.
Cunha duración de 30 horas lectivas e dirixido por Salvador Ramos Rey (Centro Médico Spa LOIDA) e Mª Lourdes Vázquez Oderiz (USC), este curso conta co recoñecemento de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (nº de expediente SA301A 016/24-5).
A oncoloxía integrativa aborda ao paciente non so dende o punto de vista médico, senon que ten en conta outros aspectos como o seu estado emocional, o seu entorno ou a súa saúde. É unha forma de abordar o cancro cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida dos pacientes e a súa tolerancia aos tratamentos convencionais.
Na presentación oficial celebrada o luns, participaron a Alcaldesa de Oia, Cristina Correa, o director do curso, Salvador Ramos, a profesora da USC, Mª Lourdes Vázquez, o Vicerrector da USC, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade de Baiona, Carmen Paredes e a directora do hotel, Rosana Canda.