Curso de prevención de riscos laborais no manexo de motoserra e rozadoira en Oia

O ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia) organiza en Oia un curso gratuíto de prevención de riscos laborais no manexo de motoserra e rozadoira. A actividade terá lugar do 3 ao 5 de maio e o prazo de inscrición está aberto ata o venres 28.

A acción formativa desenvolverase en tres sesións, os días 3, 4 e 5 de maio en horario de 15.30 a 20.30 horas. En total, ofértanse 15 prazas para a actividade.

As persoas interesadas en asistir deberán cubrir un formulario (accesible na ligazón: https://issga.xunta.gal/gl/novas/publicada-resolucion-pola-que-se-convocan-6-cursos-de-prevencion-de-riscos-laborais-no-manexo) e envialo por correo electrónico ao enderezo issga.formacion@xunta.gal O prazo de inscrición está aberto ata o día 28 de abril.

Para máis información pode chamarse aos teléfonos de contacto 981551704 / 659515371 e consultar a web do ISSGA: http://issga.xunta.gal

Pin It on Pinterest

Share This