Curso sobre igualdade en Oia
Para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra organizaron ata o pasado 16 de novembro a 2ª edición do proxecto “Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero” centrado, desta vez, na diversidade.
A actividade, na que participaron os centros educativos CEIP Refoxos e CEIP Mestre Manuel García, pretendía sensibilizar ás nenas e nenos sobre a importancia da diversidade para alcanzar a igualdade de xénero.
O proxecto, dirixido a alumnado de Primaria, desenvolveuse en tres sesións onde, a través do xogo, traballáronse os estereotipos, a importancia de respectar os demais e a diversidade no ámbito da familia.
As actividades desenvolvéronse durante outubro e novembro e foron impartidas por Talentea RRHH.