Descubre Galicia en Outono

A Axencia de Turismo de Galicia convoca as axudas do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos.

Persoas beneficiarias:

Persoas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se aloxen en establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues da Comunidade Autónoma de Galicia (excluídas as vivendas de uso turístico)

Gastos subvencionables:

Os gastos subvencionados serán os que se realicen desde o 15 de setembro ata o 25 de decembro de 2025 (ambos incluídos).

⏩ Descarga dos bonos:

No enlace: https://bonoturismo.gal/es

Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde as 9.00 horas do día 18 de xullo ata o 19 de decembro de 2025 e a súa validez estenderase desde o 15 de setembro ata o 25 de decembro de 2025 (ambos incluídos).

 Funcionamento e Cuantía dos bonos

O bono turístico do programa #DescubreGaliciaenOutono terá formato dixital a través dun código QR, ten carácter persoal e intransferible, e exixe prepagamento, é dicir, o bono está cofinanciado entre a persoa solicitante e a Administración segundo a seguinte porcentaxe:

Cada persoa beneficiaria poderá descargar ata 2 bonos de 150€ cada un, cofinanciado nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polo solicitante, é dicir: 60€ pola Xunta de Galicia e 90€ polo usuario. Cada un dos bonos poderá utilizarse nos distintos establecementos participantes ata esgotar o saldo.

Cada persoa poderá solicitar e obter ata dous bonos

Máis información
https://sede.xunta.gal/portada co procedemento TU985F e en www.bonoturismo.gal
Teléfonos 981 54 63 58
Enderezo electrónico: xuridico.turismo@xunta.gal

Pin It on Pinterest

Share This