Descubre Galicia en Outono
A Axencia de Turismo de Galicia convoca as axudas do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos.
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se aloxen en establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues da Comunidade Autónoma de Galicia (excluídas as vivendas de uso turístico)
Os gastos subvencionados serán os que se realicen desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024 (ambos incluídos).
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde as 9.00 horas do día 4 de xullo ata o 16 de decembro de 2024 e a súa validez estenderase desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024 (ambos incluídos).
O bono turístico do programa #DescubreGaliciaenOutono terá formato dixital a través dun código QR, ten carácter persoal e intransferible, e exixe prepagamento, é dicir, o bono está cofinanciado entre a persoa solicitante e a Administración segundo a seguinte porcentaxe:
“Cada persoa beneficiaria poderá descargar ata 2 bonos de 150€ cada un, cofinanciado nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polo solicitante, é dicir: 60€ pola Xunta de Galicia e 90€ polo usuario. Cada un dos bonos poderá utilizarse nos distintos establecementos participantes ata esgotar o saldo.”
Cada persoa poderá solicitar e obter ata dous bonos
Máis información
https://sede.xunta.gal/portada co procedemento TU985F e en www.bonoturismo.gal
Teléfonos 981 54 63 58 e 981 54 64 20.
Enderezo electrónico: xuridico.turismo@xunta.gal