Recomendacións e información adicional
Enclave de interese paisaxístico e arqueolóxico.
Boa accesibilidade.
Aínda que os gravados dos dous paneis principais son visibles a calquera hora do día, recoméndase facer a visita á tardiña para aproveitar as condicións de luz máis favorables para a contemplación dos petróglifos.
Hai unha zona do aparcamento no miradoiro onde comeza a Ruta Máxica de Oia (a uns 500m a pé atópanse os petróglifos).
A Asociación Costa dos Castros organiza visitas guiadas polo patrimonio de Oia. Para máis información contactar en www.costadoscastros.com.