Éxito do Campus deportivo celebrado en Oia
O Campus Deportivo celebrado do 17 ao 21 de xullo, organizado polo Club de Fútbol Oiense coa colaboración do Concello, foi todo un éxito.
Participaron 35 nen@s de tódalas parroquias, e se lles fixo corto. A cargo de dous monitores titulados, puideron adquirir coñecementos sobre distintos deportes como o fútbol, tenis, baloncesto e balonmán. O día da clausura, contaron coa visita de Marta Pombal, recén campioa da Liga Nacional co Mecalia Atlético Guardés, onde os cativos aproveitaron para facerlle preguntas do máis singulares, e para aprender novas técnicas de balonmán.