Gran Concerto de Corais, con motivo do Nadal, que tivo lugar o 16 de decembro, na Igrexa Parroquial de Sta. María de Oia.
Abriu o acto a Coral Alameda de Pontevedra, que actuaba por primeira vez no noso Concello, e a continuación, a Coral Polifónica Vagalume, fixo as delicias do público asistente, que incluso puido escoitar unha peza en Swahili.
As corais e o público asistente, remataron cantando panxoliñas, acompañados da música dos nen@s da confirmación, baixo a dirección do Párroco D. Daniel Goberna.