Formación TIC Emprendes da Deputación de Pontevedra
Dirixidas a persoas mozas de entre 16 e 30 anos, residentes en concellos rurais (Oia entre eles) e inscritos no sistema de garantía xuvenil
Dentro da iniciativa TIC Emprendes, a Deputación Provincial de Pontevedra convoca varios cursos de formación dirixidos a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, residentes en concellos rurais (Oia entre eles) e inscritos no sistema de garantía xuvenil
Trátase de formación a través dunha aula virtual, que inclúe asesoramento para a creación dunha empresa propia e titorías personalizadas para a procura de emprego.
Os cursos ofertados son:
– Márketing Dixital
– Aplicacións Móbiles (apps)
– Tendas en Liña
– Organización e Xestión de Almacéns
– Venda de Produtos e Servizos Turísticos
– Imaxe, Vídeo e Videoxogos
REQUISITOS DE ACCESO
Ter entre 16 e 30 anos, residir nun concello rural (como o cas ode Oia) e estar inscrito/a no sistema de garantía xuvenil.
MÁIS INFORMACIÓN
Na ligazón: https://www.depo.gal/tic-emprendes