Heráldica
Actualmente, o Concello ven usando un símbolo que non está recoñecido como escudo pola Comisión Heráldica, que é a competente para autorizar estes emblemas.
O Concello solicitou a esta entidade, a proposta dun escudo e dunha bandeira municipal oficiais, respectando os símbolos máis representativos deste Concello.
Recibida a proposta-informe da Comisión Heráldica, se pon en coñecemento do Concello -descarga o informe da Comisión Heráldica-.
O Concello está a tratar coa Comisión Heráldica distintas opcións que cumplan cos requisitos da heráldica para ser propostas á veciñanza.
O actual símbolo non é un escudo, senón un medallón, e apenas varía do escudo de armas do Mosteiro de Oia, do que se destaca:
- Un castelo, que pode significar a fortaleza existente en Oia.
- Un ramo de figueira, con figos maduros, lembrando o prodixio ou milagre de telos producido en tempo e estación que eran impropias de tal froito, árbore que estaba nun foso do mosteiro.
- Un báculo abacial, que significa a unión, suxeición e pertenza ao Císter.
- Nove A A, que denotan aos Reis Alfonsos, fundadores e benfeitores do Mosteiro.
O único referente anterior que existe figura no Arquivo Histórico Nacional, nun documento da alcaldía de Oia do S. XIX.