Homenaxe a matrona Xulia Suárez
O Concello de Oia homenaxeou a matrona Xulia Suárez, dedicando a Praza a beira do Concello o seu nome.
Estiveron presentes familiares de Xulia, amigos e amigas, compañeiros/as de profesión, a Presidenta da Asociación contra o cancro do Baixo Miño, tamén veciños e veciñas, que recoñeceron a súa traxectoria laboral, cargada de humanidade. A Alcaldesa de Oia, Cristina Correa, agradeceu a presenza de todos en nome da Corporación, “neste acto de homenaxe a esta gran muller, que todos recordamos cun cariño especial”, e recoñeceu a súa traxectoria laboral, cargada de humanidade e implicación, “todas vós, as que tiveches a oportunidade de vivir con Xulia ese primeiro parto e segundo e incluso terceiro ou cuarto….lembrades que ela sempre estaba aí, para clases pre-parto, para acompañarvos ao hospital, daba igual a hora, sempre disposta para botar unha man lavando os peques, atender o post-parto, a veces incluso máis difícil que o propio parto”, sinalando que era moi habitual escoitala dicir: “calquera problema que teñas, eu estou aquí para axudarte”.
A súa amiga Sabela e o seu sobriño Pablo, contarton anécdotas desta muller sen medo a aprender e avanzar profesionalmente en tempos difíciles, desa muller que moitos levan no corazón.
En recoñecemento a toda unha vida de dedicación e apoio a muller, a maternidade, se descubriu a placa que recordará a súa persoa.