I Intercambio cultural entre alumnos do Concello de Oia e a Freguesía de Oiã

O Concello de Oia recibiu este pasado 2, 3, e 4 de marzo, aos alumnos da Freguesía de Oiã, participantes neste I Intercambio cultural que se celebra entre ambos pobos irmandados.

Participaron 34 alumnos, de 5º e 6º de primaria, dos colexios CEIP Mestre Manuel García, CEIP Refoxos e Escola Básica Dr. Fernando Peixinho, de Oiã.

O xoves, a Alcaldesa do Concello, Cristina Correa, deu a benvida na casa consistorial, aos membros do Executivo: o Presidente Víctor Oliveira e Gina Diogo, acompañados por dúas profesoras e 15 alumnos de Oiã; a continuación, visitaron o Colexio Mestre Manuel García, onde foron recibidos polos mestres e os demais alumnos participantes. Despois das presentacións, compartiron comida no comedor do colexio. Pola tarde visitaron Baiona e o museo Verbum.

O Venres foron de excursión ao monte Santa Trega e ao museo Arqueológico de A Guarda, para a continuación visitar o CEIP Refoxos. A tarde pasárona acompañados das súas familias de acollida.

O sábado, visitaron a Igrexa de Santa María de Oia e se organizaron xogos populares no colexio, acabando cunha comida amenizada polo grupo folclórico Tralo Mosteiro.

A Alcaldesa destacou que este intercambio supón unha experiencia moi enriquecedora para os nosos xóvenes e que o vindeiro 20, 21 e 22 de abril, serán os alumnos de Oia os que visiten aos irmáns de Oiã.

Así mesmo, trasladou o seu agradecemento aos directores e ao profesorado dos centros educativos participantes, aos pais e nais pola súa colaboración, e en especial, ao Presidente do Executivo, Víctor Oliveira, polas súas importantes aportacións a este proxecto.

Pin It on Pinterest

Share This