Incentivos a contratación na empresa ordinaria

Axuda para a contratación de persoas desempregadas pertencentes a colectivos vulnerables na empresa ordinaria e en entidades sen ánimo de lucro

  • PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas empregadoras ou empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral que contraten persoas traballadoras entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025 para centros de traballo radicados en Galicia

 

  • Modalidades da axuda
    → Contratación indefinida inicial.
    → Incremento de xornada da contratación indefinida, de tempo parcial a completo.
    → Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses.
    → Adaptación do posto de traballo para a persoa con discapacidade contratada.
  • Colectivos a contratar:

→ Persoas mozas.
→ Persoas paradas de longa duración.
→ Persoas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.
→ Persoas de 52 anos ou máis.
→ Mulleres en ocupacións masculinizadas

→ Mulleres.
→ Persoas emigrantes retornadas ou estranxeiras.

  • Principais requisitos da contratación:

Deberá ser de duración indefinida e a tempo completo* (Excepto persoas con discapacidade, ou en risco ou situación de exclusión social (mínimo do 50% da xornada); exclúense os contratos fixos – descontinuos

Con persoas desempregadas.

Os contratos teñen que realizarse con anterioridade ou o mesmo día da solicitude; para adaptacións de posto, o gasto ten que estar realizado na data de presentación da solicitude.

  • CONTÍAS DAS AXUDAS

a) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas incentivaranse con distintas contías base, segundo o colectivo a que pertenza a persoa contratada:

6.000 EUROS: Persoa moza, Muller, Persoa parada de longa duración, Persoa de 52 anos ou máis, Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira

10.000 EUROS: Mulleres en ocupacións masculinizadas, Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 10.000 €. Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.

As contías indicadas anteriormente incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

I. No suposto de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

II. Se a persoa contratada é maior de 45 anos 

III. Persoas trans.

contía máxima posible que se subvencionará por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 14.500 €.

b) Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais (de xornada parcial a xornada completa): incentivo de 2.000 €. Se o incremento de xornada se realiza en persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 €.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 4.000 €.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal: axuda de 1.000 €.

 

Prazo de solicitude: dende o 31/01/2025 ata o 30/09/2025 (ou esgotamento do crédito)

Máis información no DOG do 24 de xaneiro e na sede electrónica, procedemento https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342C&ano=2025&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This