Nesta sección irase informando dos trámites relativos ao proxecto da Central hidroeléctrica reversible Fonte das Mañas.

Aquí pódese visualizar e descargar as Alegacións presentadas o día 12 de agosto de 2026 polo Concello de Oia.

Dependendo do dispositivo no que intente visualizar as alegacións, é posible que sexa necesario descargar o arquivo para poder abrilo.

Facilítase a ligazón no que se pode descargar o modelo de alegacións xa redactado para que os veciños que o desexen póidano asinar e presentar polo rexistro acompañado de copia do DNI.

O prazo para presentar as alegacións finaliza o mércores 12 de agosto de 2026.

Tamén se facilita a ligazón no que descargar a información do proxecto.

INFORMACIÓN DO PROXECTO

  • PROXECTO: Enlace
  • Ligazón ao DOG nº 131 do 6 de xullo do 2026: ACORDO do 6 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento de concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre para a execución do proxecto de central hidroeléctrica reversible de auga mariña, en Fonte das Mañas, no Concello de Oia (Pontevedra). Enlace

 

 

 

Pin It on Pinterest