Inicio da execución de beirarrúas nas proximidades da Escola infantil de Oia
Xa se iniciaron os traballos de execución de beirrarrúas na marxe esquerda da estrada PO-552, nas proximidades da Escola infantil “Galiña Azul”.
A obra se realiza co obxectivo de mellorar a seguridade viaria no contorno da Escola infantil e o propio Concello, que consistirá nunha senda pola marxe esquerda da estrada para completar o itinerario peonil entre a escola infantil e a casa consistorial.
Conta cun orzamento de 48.400 euros, que será financiado pola Xunta de Galicia, e un prazo de execución aproximado de tres meses. Segundo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís “Deste modo, dende a administración autonómica damos cumprimiento a unha demanda efectuada pola alcaldesa que ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria nestre tramo urbán do municipio”.
O tramo pendente de executar, se levará a cabo en próximas datas.
Esta acción, ven a continuar a mellora superficial das beirarrúas xa existentes na marxe dereita desta travesía, que se realizou a través dun Contrato de conservación.