II Intercambio cultural Oia – Oiã
O Concello de Oia recibirá os días 6, 7 e 8 de abril, aos alumnos da Freguesia de Oiã, que participan neste II Intercambio que se celebra entre ambos pobos irmandados.
Os próximos 20, 21 e 22 de abril, son os estudantes do Concello de Oia, os que visitarán a Freguesía de Oiã (Portugal).
En total participan 32 escolares de 5º e 6º de primaria, dos colexios CEIP Mestre Manuel García, CEIP Refoxos e Escola Básica Dr. Fernando Peixinho, de Oiã.
Esta é unha oportunidade especial que teñen os nosos estudantes para coñecer novos amigos, coñecer unha nova cultura, e fortalecer lazos de amizade entre as familias de ambos pobos irmáns.