Lecer en familia
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa “Lecer en familia 2025”
QUEN PODE PARTICIPAR? Unidades familiares con menores a cargo que teñan a súa residencia na provincia de Pontevedra
QUÉ OFERTA? Unha estancia dunha noite en fins de semana (venres ou sábado), en períodos non lectivos ou vésperas de festivos, nun hotel da provincia de Pontevedra que, como mínimo, será de 3 estrelas: establecementos tipo balneario, talaso ou spa, e hoteis de zonas urbanas ou rurais, con réxime de media pensión.
A entrada nos establecementos será pola tarde e a saída o día seguinte polo mediodía.
O paquete comprende:
- Estancia con media pensión (almorzo tipo bufete e cea con dous pratos e sobremesa, incluídas as bebidas non alcohólicas, así como menú infantil para menores de 3 a 12 anos inclusive)
- Dúas actividades de animación sociocultural a elixir segundo o establecemento que se escolla
- Agasallo serigrafiado
PREZOS
Adultos e maiores de 12 anos: 30,80 euros por persoa
Menores de 3 a 12 anos: 15,40 euros por menor
Menores de 0 a 2 anos : gratis
Prazas reservadas para persoas perceptoras da RISGA ou do IMV: gratis
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 2 ao 16 de maio de 2025
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado.
Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse de maneira presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora.
Soamente se poderá presentar unha solicitude por unidade familiar.
Poderanse elexir tres establecementos por orde de preferencia, así como dous meses de preferencia, se ben a asignación das prazas estará suxeita á dispoñibilidade e capacidade dos dormitorios destes.
PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN: por SORTEO entre todas as solicitudes presentadas que cumpran os requisitos.
Toda a información no enlace: