Medio Ambiente e o concello de Oia colaboran na mellora da rede de saneamento nas Mariñas

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello de Oia colaborarán para mellorar a rede de saneamento nas Mariñas, tal e como se recolle no convenio asinado entre a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e a alcaldesa da localidade, Cristina Correa.

O obxectivo destas obras é mellorar as condicións de vida dos habitantes desta zona de Oia, dotándoa de redes de saneamento, eliminado puntos de vertido, reducindo a contaminación do nivel freático e, con elo, mellorando a calidade das augas da contorna. Así, as obras consistirán na ampliación do sistema de saneamento da parroquia das Mariñas, co fin de mellorar a depuración das súas augas.

Para executar estes traballos, o Goberno galego achegará máis de 200.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)

No encontro, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha de infraestruturas e servizos. Tras a sinatura do convenio de colaboración, Augas de Galicia pode licitar este contrato nas próximas semanas.

Pin It on Pinterest

Share This