Minuto de silencio pola traballora do SAF asasinada no Porriño
O Concello de Oia e as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) gardaron esta tarde un minuto de silencio no salón de plenos da Casa Consistorial en homenaxe á súa compañeira do Porriño, asasinada onte, 29 de xullo, mentres desempeñaba o seu labor profesional. Con este xesto, quixeron amosar o seu profundo pesar e condenar firmemente este acto de violencia, así como expresar todo o seu apoio e solidariedade á familia da vítima e ao conxunto das súas compañeiras.