Modernización e ampliación empresas non agrícolas

Axudas dirixida á “ampliación e modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”

AGADER convoca axudas dirixidas á ampliación e modernización de pequenas empresas que desenvolvan actividades non agrarias.

Beneficiarios:

1.       As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2.       Persoas físicas que residan nunha zona rural.

Proxectos Subvencionables:

Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 20.000 € e inferior a 250.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.

Adquisición de bens de equipo co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.

Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.

3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servicios nos sectores de hotelería (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalería e restauración.

4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola…).

5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas

6º) Artesanía e actividades artesanais.

7º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

8º) Comercio polo miúdo.

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Importe da Axuda

45% dos gastos subvencionables

Máis información no DOG de 29/01/2025 e na sede electrónica, procedemento MR708A

MR708A – Proyectos de inversión en actividades empresariales no agrícolas. – Sede Electrónica – Xunta de Galicia

Pin It on Pinterest

Share This