“MODO VERÁN ACTIVO” da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia pon en marcha a Campaña de verán con actividades de ocio, lúdicas, culturais, deportivas e formativas para xuventude galega.

Baixo o lema “Modo verán activo”, oferta durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
  • Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.

CAMPAMENTOS E MINICAMPAMENTOS

As quendas son de entre unha semana e doce días de duración. Inclúe aloxamento, réxime de pensión completa, programa de actividades e materiais necesarios.

Poden solicitar praza as persoas mozas residentes en Galicia, de entre 9 e 17 anos.

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles: dende o 2 de maio ata o 15 de maio.

PREZO

O prezo da actividade varía entre 70 e 300 euros, en función da actividade escollida.

Hai bonificacións do 50% para familias numerosas, monoparentais e acolledoras, e do 25% para persoas usuarias do carné xove.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A adxudicación das prazas, tanto no procedemento xeral, como no de prazas reservadas para inclusión, realizarase por sorteo, por medios informáticos.

Pódese consultar toda a información e os prezos das actividades na páxina web  https://xuventude.xunta.gal/accion-de-veran

Se precisades axuda, podedes pedir cita previa coa Educadora Familiar do Concello no teléfono 986950640, ou a través do correo electrónico educadorafamiliar@concellodeoia.es

Pin It on Pinterest

Share This