Nadal en Oia con actividades para todos os públicos

A programación de Nadal do Concello de Oia comezará este sábado e, ao longo das vindeiras semanas, ofrecerá actividades para gozar en familia e con propostas pensadas para todos os públicos. O tradicional concerto de panxoliñas, obradoiros, espectáculos e unha charla serán algunhas das propostas deste ano, que tamén incluirán a anhelada visita de Papá Noel e a Cabalgata de Reis.

A programación navideña arrancará o sábado día 14 de decembro ás 20.00 horas na igrexa parroquial de Santa María de Oia, onde terá lugar o tradicional concerto de panxoliñas da man da Coral Polifónica Vagalume. Este ano acompañarán no concerto as corais polifónicas “María Auxiliadora” e “Amadeus”.

O venres 20 ás 18.30h, da man de Parroquias de Oia, virá o Carteiro Real ao Centro cultural de Viladeuso, onde os nenos poderán facer a súa postal de Nadal que logo entregarán ao Carteiro. A continuación os nenos da catequese cantarán un vilancico e posteriormente haberá unha merendola.

As actividades continuarán o día 24, coa visita de Papá Noel a distintos puntos do concello para recoller as cartas escritas polos nenos e nenas do concello. Os cativos e cativas que entreguen a súa carta participarán nun sorteo de lotes de libros (os escritos deberán incluír a idade e datos de contacto).

Na súa visita a Oia, Papá Noel fará o seguinte percorrido: eirado de Mougás (10h), centro cultural de Viladesuso (11h), centro cultural de Pedornes (12h), Praza Centinela en Santa María de Oia (13h. En caso de choiva, trasladarase ao CEIP Mestre Manuel García), Escolas de Torroña (15.30h), Praza Campo de Burgueira (15.45h), e Praza de Loureza (16.30h).

O día 27 de decembro a música volverá a Oia, nesta ocasión vinculada a Santa Uxía, patroa da parroquia de Mougás, e con actividade organizada pola comisión de festas. Co gallo da antedita celebración de inverno, celebrarase o tradicional concerto da Banda Unión Musical de Mougás 20.30h no Centro Cultural.

O día 29 ás 18.30h o Centro Cultural de Mougás acollerá “A historia de Rata o Pirrata”, un divertido espectáculo teatral da compañía Olivas Negras dirixido a todos os públicos. A actuación terá lugar na Casa Cultural, dentro do programa “+ Escénicas” da Deputación de Pontevedra.

Co novo ano continuarán as propostas de cultura e lecer. Así, o 4 de xaneiro terá lugar o concerto “Cánticos de luz e Nadal” de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro, a cargo do programa “Entradiñas de Nadal” da Deputación de Pontevedra. A cita será na igrexa parroquial de Santa María de Oia ás 20h.

Obradoiros e outras actividades

A programación de Nadal deste ano tamén inclúe outras actividades como obradoiros infantís, que se desenvolverán en horario de mañá para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares, e unha charla destinada a familias.

Así, o 23 de decembro haberá un taller de galletas de Nadal e bombóns nas Escolas de Torroña en horario de 10.00 a 13.00 horas. Para apuntarse cómpre chamar ao Concello ao teléfono 986362125.

Por outra parte, o 2 de xaneiro ás 18h desenvolverase a charla-concerto “Transformando vidas con propósito”, sobre adiccións e novas tecnoloxías, no Centro Cultural de Mougás. Correrá a cargo de Rubén de Lis, autor do libro “¿Cómo? convertir un vicio en beneficio”, e vai dirixida especialmente a familias.

Cabalgata

Como colofón desta programación de Nadal, o día 5 de xaneiro terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis. As súas Maxestades de Oriente chegarán a Oia xa pola mañá e pasarán toda a xornada percorrendo os distintos barrios e parroquias do municipio.

O itinerario comezará ás 11 horas na Portela e continuará por Mavia e Santa Comba (11.30h), Praza de Acevedo (12h), Praza de Loureza (12.30h), Praza de Burgueira (13h) e a Praza de Torroña (13.30h) durante a mañá. Xa pola tarde, sairá da casa cultural de Viladesuso (15h) e continuará cara a cultural de Pedornes (15.30h) para dirixirse posteriormente á Baixada ao Mosteiro, onde os reis estarán acompañados da Rondalla de Mougás (16.15h). Desde alí a comitiva trasladarase á igrexa parroquial de Santa María de Oia, onde haberá canto de panxoliñas e terá lugar a entrega de premios das postais da catequese.

Posteriormente, as súas Maxestades serán agasalladas cunha recepción no CEIP Mestre Manuel García ás 17.15 horas, onde haberá agasallos, chocolatada e animación infantil. O fin de festa será na casa cultural de Mougás a partir das 19h.

Pin It on Pinterest

Share This