Nova web do Concello de Oia: máis sinxela, funcional e accesible

A páxina busca un maior acercamento entre a institución e a cidadanía e adaptarse ás novas tecnoloxías

Xa está en funcionamento a nova páxina web do Concello de Oia (www.concellodeoia.es), cun deseño máis moderno, sinxelo, funcional, dinámico e accesible para un maior acercamento entre a institución e a cidadanía.

Ademais da información de tipo administrativo e o acceso á sede electrónica, como novidades da web destacan a sección de noticias de actualidade municipal e un calendario de actividades festivas, culturais e deportivas.

A páxina, que permite unha navegación sinxela e intuitiva, tamén ofrece contidos relacionados coa historia e o patrimonio natural e cultural do concello, con apartados específicos sobre o Camiño Portugués da Costa e os curros, entre outros. Así mesmo, inclúe información de utilidade sobre a oferta turística de Oia, as festas populares de cada parroquia e teléfonos de interese.

Apps e redes sociais

A nova web ten en conta os requirimentos das novas tecnoloxías e, a ese respecto, o deseño adáptase a formatos de teléfono móbil e tablet, para asegurar unha correcta visualización desde este tipo de dispositivos.

Desde a nova páxina web tamén se pode acceder ás apps Línea Verde (para a comunicación de incidencias en tempo real) e Tokapp (de información instantánea e segura) así como conectar con distintas contas das redes sociais municipais: a páxina de Facebook da Oficina de Turismo e a canle de Youtube do Concello.

Pin It on Pinterest

Share This