Novo Taller de estimulación da memoria en Torroña
Está aberta a inscrición para o novo taller de estimulación da memoria que organiza Cruz Vermella Baixo Miño e o Concello, que se desenvolverá en Torroña.
Os talleres se impartirán nas Escolas de Torroña os luns, de 16.30 a 18 h. A actividade será gratuita e está dirixida a persoas maiores de 65 anos que estén interesados en participar nun espacio onde exercitar a mente para previr a aparición e o avance de problemas cognitivos.