O 3 de xaneiro ábrese o prazo para as axudas de rehabilitación enerxética en vivendas
A partir do día 3 de xaneiro de 2022 ábrese o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación enerxética de vivendas existentes en municipios en “reto demográfico” (Oia é un deles, así como outros concellos da zona como O Rosal ou Tomiño).
Para poder acceder a estas axudas, a vivenda debe estar construída con anterioridade a 2007.
As axudas poderán destinarse a:
- Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; fachadas, cubertas, carpinterías exteriores, vidros, etc.
- Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria.
- Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
A porcentaxe da axuda varía en función do tipo de actuación, criterios sociais, eficiencia enerxética e actuación integrada.
MÁIS INFORMACIÓN
Na seguinte ligazón vai un resumo da web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS):