O “avó de Oia”, Abel Diego Acevedo, cumpre 102 anos
O veciño de maior idade do concello de Oia, Abel Diego Acevedo, cumpriu esta fin de semana os 102 anos cheo de saúde e ledicia. Natural de Acevedo (Loureza), este veciño de Burgueira celebrou esta data tan especial na compañía dos seus seres queridos.
A alcaldesa, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, visitaron o pasado domingo ao “avó de Oia” para felicitalo polo seu 102 aniversario e facerlle entrega dunha torta.
Neste día de celebración, as representantes do Concello transmitíronlle o agarimo e bos desexos de toda a veciñanza.