O Concello acomete labores de limpeza en vías e camiños para a prevención de incendios

O Concello de Oia está a realizar diversos labores de limpeza en vías e camiños de titularidade municipal como parte das actuacións que, ao longo do ano, se desenvolven en materia de prevención de incendios forestais.

As actuacións contan cun investimento de 2.000 euros, financiados a través dun convenio entre Concello e Xunta de Galicia para accións de prevención e defensa contra os incendios forestais no ano 2022. As limpezas estanse a facer nas seguintes vías e camiños de titularidade municipal (que son nas que o Concello ten a competencia de xestionar a biomasa vexetal):

– Estrada Bonaval-Vilachán do Monte.

– Estrada A Portela con Aldea.

– Estrada de Mabia a Loureza.

– Estrada Galgueiro e Camiño das Chans ata a EP-2202 Baiona-Loureza.

Estes traballos de prevención enmárcanse dentro da submedida 8.3 “Axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes” do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020, polo que están cofinanciadas polo Feader (75%), a Administración xeral do Estado (7,5%) e a Xunta de Galicia (17,5%).

Motobomba

Por outra banda, a través do convenio para accións de defensa e prevención de incendios asinado entre o Concello e a Xunta tamén se financiou, cun importe de 15.000 euros, a contratación de 3 condutores motobomba durante 3 meses, encargados da posta en funcionamento do vehículo durante a tempada de incendios.

Pin It on Pinterest

Share This