O Concello adxudica as obras de saneamento no Sobral e Aguieira

O Concello de Oia vén de adxudicar as obras de construción de rede de saneamento nos camiños do Sobral (Viadesuso) e Aguieira (Santa María de Oia), traballos que suporán un investimento total de máis de 65.000 euros.

A actuación consistirá na creación da rede de saneamento neses dous camiños, nos que ata o de agora non existía a devandita conexión.

O orzamento total foi de 65.122,60 euros, dos cales 50.000 proveñen das subvencións de Augas de Galicia destinadas á execución de obras de abastecemento e depuración –financiadas con fondos europeos no marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020- e o resto de fondos propios do Concello.

A obra foille adxudicada é empresa Construcciones Vale S.L. e consistirá na instalación dunha rede composta por colectores de PVC, os correspondentes pozos de rexistro e as acometidas domiciliarias. Unha vez finalizados os traballos, reporase o firme dos camiños afectados polas obras.

Pin It on Pinterest

Share This