O Concello de Oia acomete melloras en dous camiños das parroquias de Viladesuso e Burgueira

O Concello de Oia vén de executar obras de mellora nos camiños das Gandarelas, en Viladesuso, e das Amadas, en Torroña (Burgueira). Os traballos consistiron no reforzo do firme destas dúas vías e contaron cunha subvención do Plan de Mellora de camiños municipais 2020/2021 da Xunta de Galicia.

O importe total da actuación ascendeu a 42.921,27 euros, dos cales 41.856,47 euros corresponden á execución de obra e 1.064,80 euros ao control de calidade. 

Do total de 42.921,27 euros, 36.277 euros proceden da antedita axuda, mentres que os restantes 6.644,27 euros foron asumidos con fondos propios do Concello. 

A subvención para esta actuación en materia de infraestruturas viarias no rural, denominada “Mellora do camiño das Gandarelas e camiño das Amadas”, foi concedida a través de AGADER e conta con fondos procedentes de FEADER (75%), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación -MAPAMA- (7,5%) e a Xunta de Galicia (17,5%). 

Pin It on Pinterest

Share This