O Concello de Oia advirte dos riscos do plumeiro da pampa
O Concello de Oia advirte aos cidadáns sobre o risco para o medio ambiente e a saúde que supón o Plumeiro da Pampa e pide a colaboración de tod@s para frear a expansión desta especie invasora no noso municipio.
Esta planta invasora se está extendendo perigosamente por moitas partes de Galicia, e no noso concello, resulta moi preocupante nas zonas colonizadas do litoral, e como segue expandíndose.
Para a súa contención e eliminación precisamos a colaboración de tódolos veciños e veciñas. É importante eliminala totalmente nas parroquias de interior, onde aínda se pode erradicar, e intentar controlala na zona do litoral con intención de erradicala a longo prazo.
Sería convinte acometer as actuacións antes do momento máis crítico do ano do seu ciclo vital reprodutor (antes da polinización en agosto/setembro), lembrando que as sementes están nos plumeiros e que cada plumeiro produce máis de 100.000.
Hai que ter en conta que os fragmentos de tronco e raíces deixados na superficie do solo poden volver a enraizar baixo condicións de adecuada humidade, polo que é convinte deixar as raíces ao aire e que non toquen o chan (poñela sobre plásticos ou superficie de cemento).