O Concello de Oia analiza a calidade da auga das fontes do municipio (+ ENLACE ANALÍTICAS)
Das 30 analizadas, 8 resultaron aptas e o resto non aptas para o consumo
ANALÍTICAS EN PDF: Analíticas
No actual contexto de seca prolongada debido as altas temperaturas e escasas precipitacións que se están a rexistrar este verán, o Concello de Oia encargou unha analítica da calidade das augas dun total de 30 fontes do municipio, das cales 8 resultaron aptas para o consumo por cumprir todos os parámetros analizados coa lexislación.
As probas, realizadas por un laboratorio acreditado a finais do pasado mes de xullo, estarán a disposición da veciñanza na web municipal (www.concellodeoia.es) e deron os seguintes resultados:
-Fontes “aptas para o consumo”:
|
-Fontes “non aptas para o consumo”:
Por superar os límites establecidos para os seguintes parámetros:
Coliformes totais |
|
Aluminio* |
*As fontes de Santa Comba e o Fial superan en moi pouco o límite fixado (200 no caso do aluminio), sendo de 260 en Santa Comba e 210 na do Fial. |
Por máis dun parámetro:
(E.coli, coliformes totais, aluminio) |
|
Nos próximos días, o Concello revisará os carteis de cada unha das fontes e actualizará as sinalizacións coas cualificacións de “auga non potable” ou “auga sen garantía sanitaria” que corresponda en cada caso. As fontes potables levarán o distintivo de “auga sen garantía sanitaria” por non poder garantir permanentemente a súa calidade ao non estar cloradas. A información sobre a calidade da auga das fontes tamén se colocará, nos próximos dias, nos taboleiros informativos das parroquias.
Finalmente, aconséllase extremar as precaucións e ter en conta os consellos de expertos en toxicoloxía, que recomendan non beber auga das fontes xa que a seca tamén repercute na calidade da auga dos mananciais, aumentando o risco de contaminación.
Coliformes e E.Coli
Algúns dos parámetros que se empregan á hora de cualificar se unha fonte é apta ou non son a presenza, por riba dos niveis establecidos, de bacterias como os coliformes totais e a E.Coli.
Os coliformes totais son un grupo de bacterias que se atopan ao noso redor e que, na maioría dos casos, non supoñen un perigo para a saúde humana. Porén, non están presentes nas augas subterráneas e, polo tanto, serven como indicador de que poden estar presentes máis organismos prexudicial. O coliforme fecal e a E.Coli son subgrupos dentro deste grupo dos coliformes totais cuxa orixe está nas feces de animais de sangue quente. A presenza de E.Coli indica que a auga ten estado exposta a feces e existe un inmediato risco para a saúde humana.