O Concello de Oia cancela a cabalgata de Reis
O Concello de Oia de Oia decidiu cancelar a cabalgata de Reis prevista para o día 5 de xaneiro tendo en conta a incidencia da COVID-19.
Atendendo á evolución que está a experimentar a pandemia, o Concello decidiu, por prudencia, suspender os tradicionais actos protagonizados polos Reis Magos nas diferentes parroquias do municipio, os cales tiñan como final de itinerario o CEIP Mestre Manuel García.
A alcaldesa, Cristina Correa, agradece á veciñanza a súa colaboración e esforzo á hora de preparar os decorados que se ían colocar para a celebración da cabalgata. Así mesmo, manifestou a súa esperanza en que, para o próximo ano, a comitiva real poida facer o seu percorrido sen restricións.