O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación

O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego). Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (4 prazas), e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.

Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas desempregadas inscritas na oficina de Emprego de Baiona, que fará a preselección de candidaturas. Posteriormente, o Concello encargarase da selección definitiva.

No seguinte cadro resúmese o número de prazas para cada posto, o perfil solicitado (xunto co código correspondente no que deberán inscribirse na oficina de emprego as persoas interesadas) e máis a duración de cada contrato:

 

PRAZAS PERFIL/OCUPACIÓN PERÍODO CONTRATO
1 Condutor/Operador de maquinaria forestal (CNO. 83221013) 1/03/2024 a 31/12/2024

(10 meses)

2 Albaneis

(CNO. 71211015)

1/04/2024 a 31/10/2024

(7 meses)

 

4

Peón Forestal

(CNO. 65431028)

01/03/2024 a 31/10/2024

(8 meses)

Pin It on Pinterest

Share This