O Concello de Oia contratará 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos

Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (5 prazas)

O Concello de Oia contratará un total de 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego). Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (5 prazas), e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.

Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas desempregadas inscritas na oficina de Emprego de Baiona, que fará a preselección de candidaturas. Posteriormente, o Concello se encargará da selección definitiva.

No seguinte cadro resúmese o número de prazas para cada posto, o perfil solicitado (xunto co código correspondente no que deberán inscribirse na oficina de emprego as persoas interesadas) e máis a duración de cada contrato:

PRAZAS PERFIL/OCUPACIÓN PERÍODO CONTRATO
1 Condutor/Operador de maquinaria forestal (CNO. 83221013) 1/02/2023 a 31/12/2023 (11 meses)
2 Albaneis

(CNO. 71211015)

1/02/2023 a 31/10/2023

(9 meses)

1 Peón Forestal

(CNO. 65431028)

1/02/2023 a 31/07/2023 (6 meses)
 

4

Peón Forestal

(CNO. 65431028)

01/03/2023 a 31/10/2023 (8 meses)

O Concello de Oia lembra que, para poder ser seleccionadas pola oficina de emprego, as persoas demandantes deberán estar inscritas no código correspondente ao perfil ao que queiran optar.

Pin It on Pinterest

Share This