O Concello de Oia convoca as axudas da Deputación dirixidas á hostalaría

A medida busca paliar o impacto da COVID-19

O Concello de Oia convoca, co financiamento da Deputación de Pontevedra, axudas destinadas á hostalaría local, co obxectivo de paliar o impacto da COVID-19. En total repartiranse 8.900,13 euros entre os negocios beneficiarios.

Poderán beneficiarse desta medida os autónomos e os representantes das pemes de ata 10 persoas, legalmente constituídas, cuxa actividade estea incluída no sector da hostalaría, e se desenvolva dentro do termo municipal de Oia.

As axudas serán de índole económica (8.900,13 euros a repartir) e distribuiranse de xeito igualitario entre todas as solicitudes recibidas. Terase en conta o montante total a repartir e o número de solicitudes recibidas que cumpran os requisitos establecidos pola Deputación. O prazo de solicitude é de 8 días hábiles contados a partir de mañá (ata o 26 de novembro).

Esta iniciativa ponse en marcha co financiamento da Deputación de Pontevedra (a través da disposición adicional “Medidas destinadas ó financiamento dos gastos derivados da liña de axudas para os sectores máis afectados pola situación pandémica que xestionen os concellos” do Plan Concellos 2021).

Estas axudas da Deputación dirixidas á hostalaría afectada pola COVID-19 véñense a sumar ás xa tramitadas polo Concello hai uns meses co mesmo obxectivo, e que ascenderon a 28.000 euros financiados con recursos propios municipais.

Solicitude e documentación

As bases e anexos sobre a convocatoria están xa publicadas na sede electrónica do Concello (no apartado de taboleiro de anuncios), accesibles na seguinte ligazón: https://oia.sedelectronica.es/info.0

Para solicitar estas axudas cómpre presentar a instancia ante o Concello, en modelo normalizado do anexo I da convocatoria, dirixida á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Oia, e achegando a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI ou documento identificador, válido no territorio nacional, da persoa física solicitante da subvención.
  • NIF da persoa xurídica, e DNI e acreditación dos poderes da persoa administradora e da que presente a solicitude no caso de non ser a mesma.
  • Escritura de constitución da persoa xurídica, inscrita no correspondente Rexistro.
  • Certificado de número de conta bancaria.
  • Certificado de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria (AEAT).
  • Certificado de obrigas tributarias coa ATRIGA.
  • Certificado de obrigas sociais coa Seguridade Social.
  • Informe da seguridade social do número anual medio de traballadores en alta referido ó ano en que vaian a xustificar a axuda
  • Declaración responsable en modelo normalizado (Anexo II).
  • Declaración doutras axudas (Anexo III).

Pin It on Pinterest

Share This