O Concello de Oia decreta tres días de loito oficial polo asesinato machista e convoca un minuto de silencio en sinal de repulsa
Como testimonio da dor do pobo de Oia pola tráxica morte de A.V.S.P. nas inmediacións do Camping O Muiño na tarde do día de hoxe 3 de xuño de 2023, o Concello de Oia:
- Declara loito oficial desde as 00 horas do día 04/06/2023 ata as 24 horas do día 06/06/2023, dispoñendo que as bandeiras ondeen a media asta na casa do concello de Oia.
- Suspende todas as actividades municipais previstas para as xornadas referidas, 4, 5 e 6 de xuño de 2023.
- Amosa a condolencia e solidariedade deste concello e de todos os veciños de Oia coa familia e achegados de A.V.S.P.
O Concello convoca unha concentración no Camping O Muíño mañá 4 de xuño de 2023 ás 12.00 horas.