O Concello de Oia decreta un día de loito oficial polo falecemento dunha veciña en accidente de tráfico

Tras o accidente de tráfico acontecido onte en Loureza, onde resultou falecida M.M.G, de 33 anos de idade e veciña de Burgueira, o Concello quere manifestar o seu fondo pesar. Como testemuño de dor do pobo de Oia, vénse de decretar un día de loito oficial.

Así, as bandeiras ondearán a media hasta desde as 00.00 horas do luns 17 de xuño ata as 24.00 horas. Durante ese día quedarán suspendidas todas as actividades previstas.

En nome de toda a veciñanza de Oia, o Concello traslada as súas condolencias e solidariedade a familiares e achegados de M.M.G., natural de Vigo pero residente na parroquia oiense de Burgueira desde hai máis dun ano. Era unha persoa de carácter alegre e sempre se mostrou participativa nas actividades da comunidade.

Pin It on Pinterest

Share This