O Concello de Oia destina 32.591,89 euros do Plan Concellos da Deputación a gasto corrente de 2022
Os fondos serviron para pagar servizos de limpeza dos edificios de titularidade municipal
O Concello de Oia destinou preto de 32.600 euros ao gasto corrente derivado dos traballos de limpeza dos edificios de titularidade municipal. Este gasto realizouse ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, anualidade 2022.
Concretamente, o Concello dedicou ao pagamento das facturas do servizo de limpeza de edificios municipais un total 32.591,89 euros, cantidade procedente da partida correspondente á liña 2 (gasto corrente novo) do Plan Concellos 2022.