O Concello de Oia destinou a gasto corrente 43.800 euros do Plan +Provincia da Deputación
O Concello de Oia destinou a gasto corrente un total 43.836,95 euros procedentes do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, liña 2 (unha liña de financiamento que vai precisamente dedicada a este tipo de gastos).
A antedita cantidade dedicouse ao pagamento dos gastos de subministro eléctrico dunha serie de equipamentos de titularidade municipal que dan servizo en diversos puntos de concello.
Así, o financiamento concedido pola Deputación empregouse para pagar o consumo eléctrico de elementos como o alumeado público, as depuradoras, os edificios municipais e as antenas.