O Concello de Oia destinou a gasto corrente preto de 45.600 euros do Plan +Provincia da Deputación

O Concello de Oia destinou a gasto corrente un total de 45.565,97 euros procedentes do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, liña 2 (unha liña de financiamento que vai precisamente dedicada a este tipo de gastos).

A antedita cantidade dedicouse ao pagamento dos gastos de subministro eléctrico dunha serie de equipamentos de titularidade municipal que dan servizo en diversos puntos de concello.

Concretamente, o financiamento concedido pola Deputación empregouse para pagar o consumo eléctrico de elementos como o alumeado público, as depuradoras, os edificios municipais e as antenas.

Pin It on Pinterest

Share This