O concello de Oia e a Freguesia de Oiã colaboran nun proxecto de intercambio cultural
Representantes do concello de Oia e dos centros educativos CEIP Mestre Manuel García e CEIP Refoxos, visitaron este mércores a Freguesia de Oiã, Portugal, para poñer en común un proxecto de intercambio cultural entre alumnos destes dous pobos, irmandados dende fai máis de dez anos.
O Presidente do Executivo, Victor Oliveira, recibiu na Junta da Freguesia á Alcaldesa, ao Concelleiro de Educación, aos directores Manuel Fajar e Nuria Abuín, e a xefa de estudios Sofía González. Primeiro visitaron as instalacións da Junta e logo as Escolas: Dr. Fernando Peixinho, Escola Poente e Escola Nascente, acompañados tamén de representantes do Executivo e dos centros educativos de Oiã.
A resultas da reunión, se acordou traballar para facer un intercambio cultural entre os alumnos de 5º e 6º de primaria, de cara ao ano 2017, para fortalecer os lazos de amizade entre os máis pequenos e as familias. A previsión é que a actividade se leve a cabo no mes de marzo e abril.
A Alcaldesa de Oia agradeceu a hospitalidade coa que sempre nos reciben os irmáns de Oiã, e a predisposición e colaboración que amosaron dende o primeiro momento, os representantes dos centros educativos de ambas localidades, para traballar e levar adiante este ilusionante proxecto.