O Concello edita o libro dos “BOLECHAS: OIA, O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA”

Os Bolechas volven a Oia. Esta vez a faceren o Camiño Portugués da Costa coas súas amigas e amigos oienses… Así de interesante se presenta o segundo libro que edita o Concello sobre os Bolechas.

O Concello distribuirá varios exemplares entre as bibliotecas dos colexios co propósito de fomentar a lectura entre os máis pequenos. Ten como obxectivo ademais, mellorar o coñecemento que os pequenos teñen do patrimonio do Concello, xa que se aproveita a aventura polo camiño Portugués da Costa para coñecer outras historias e lendas da vila.

Agradecer o traballo levado a cabo por Pepe Carreiro e Ediciones Bolanda, e a Deputación de Pontevedra, que subvenciona unha parte do proxecto.

Pin It on Pinterest

Share This