O Concello de Oia entrega novos composteiros e desenvolve visitas de seguimento

O Concello de Oia continúa avanzando na súa campaña de compostaxe doméstica, anunciando unha nova entrega de composteiros que terá lugar o vindeiro venres, 8 de novembro, no Centro Cultural de Pedornes ás 19:00 horas. Esta iniciativa, dirixida á veciñanza que dispón dun pequeno terreo, ofrece composteiros de balde para fomentar a xestión sostible dos residuos orgánicos. As persoas interesadas poden anotarse para esta entrega a través do enlace: https://oia.rsu.gal

Ademais, esta semana realizaranse visitas de seguimento aos veciños e veciñas que xa están a participar no programa. Estas visitas, programadas para o mércores, xoves e venres, ofrecerán apoio técnico e resolverán calquera dúbida sobre o uso dos composteiros entregados.

O Concello agradece a implicación cidadá e anima a toda a veciñanza a seguir compostando para reducir a pegada ecolóxica e contribuír a unha Oia máis sostible.

Pin It on Pinterest

Share This