O Concello de Oia entregará composteiros gratuítos o vindeiro 4 de xuño
Para poder recibir o material cómpre facer a reserva previa a través da web https://oia.rsu.gal/
O Centro Cultural de Pedornes acollerá, o vindeiro día 4 de xuño, unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica. Terá lugar ás 18:00 horas. Finalizará coa entrega do material necesario (manual de compostaxe, composteiro e aireador) para levar a cabo a reciclaxe, en orixe, dos residuos orgánicos. É un evento aberto a toda a veciñanza de Oia que dispoña dun terreo cun mínimo de 50 m2 no que instalar un composteiro.
O número de composteiros a repartir é limitado, polo que aquelas persoas que desexen recibir un, deberán inscribirse previamente a través da web https://oia.rsu.gal/ para facer a reserva do material. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.
Máis información a través do teléfono 647 521 464 ou do correo residuos@concellodeoia.es.
Esta campaña conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.Ç