O Concello de Oia informa de cambios de circulación nas rúas de acceso ao Mosteiro durante esta fin de semana
Co gallo das obras de instalación de fibra que se están a realizar por parte de Telefónica na rúa Párroco D. Claudio Rodal Fandiño, o Concello de Oia anuncia os seguintes cambios no sentido da circulación do tráfico rodado entre as 17.00 horas do venres día 2 de xullo e ata o luns 5 de xullo:
- A rúa Párroco D. Claudio Rodal Fandiño (Baixada ao Mosteiro) será de sentido único de baixada ata a praza Centinela e con saída polo camiño Dial (Porto de Oia-colexio).
- Queda prohibida a circulación polo Porto de Oia en dirección á praza Centinela.
- Ao casco histórico só poderán acceder residentes ou vehículos autorizados, sempre respectando o sentido da dirección das rúas sinaladas.
- Lémbrase que non está permitido aparcar no medio de toda a rotonda nin nas zonas sinalizadas con vallas ou cinta de balizar.
- Lémbrase que, como zona de aparcamento, están dispoñibles o parking municipal e a Eira do Convento. Como aparcamento alternativo tamén están as zonas do CEIP Mestre Manuel García e a Casa Cultural de Oia.
Desde o Concello de Oia pídese a colaboración cidadá para evitar atascos e problemas de acceso.