O Concello de Oia informa de cortes de tráfico polo concerto das Tanxugueiras que se celebra este domingo
Este domingo 18 de setembro, terá lugar o Concerto das Tanxugueiras na Eira do Convento, na parroquia de Santa María de Oia. O concerto comezará ás 20h e rematará ás 22.15 aproximadamente.
Debido a gran afluencia de público que se prevé, o Concello adoptou medidas relacionadas co tráfico da zona, que implican vías de único sentido e cortes de tráfico.
Desde as 00.30 desta madrugada:
O espazo da eira do convento quedará reservado para o evento, montaxe, etc.
Desde as 8.30 da mañá do domingo:
Rúa Párroco Rodal Fandiño terá sentido único de baixada e dirección obrigatoria hacia O Porto.
Aparcamentos: Recomendase aparcar no parking municipal (acceso por Rúa Rodal Fandiño), fincas habilitadas para o evento (acceso por Estrada Vella) e zona campo de Fútbol.
A partir das 17h:
Corte de tráfico dos accesos á zona do concerto (Rodal Fandiño, Vicente López e Rúa do Fial -á altura da Estrada Vella hacia O Porto).
Control de accesos coa colaboración de Protección Civil de O Rosal, Tomiño e Tui.
A esta hora, Rodal Fandiño, Rotonda, Praza Centinela e baixada ao Porto dende Praza Centinela, deberán estar sen coches.
**Reservas visitas mosteiro: Protección Civil permitirá o acceso ata esgotar prazas de aparcamento. Prégase veñan con tempo por se a esa hora non tivesen aparcamento dispoñible no entorno inmediato do Mosteiro e tivesen que buscar outra alternativa.
Os asistentes ao concerto poderán aparcar pola estrada PO-552 e vías secundarias do Concello, deixando libre acceso a portales de vivendas e sen imposibilitar a circulación.
Dende o concello pidese a máxima colaboración dos asistentes e veciñanza. En caso de incumprimento avisarase a Guardia Civil e grúa, no seu caso.