O Concello de Oia inicia as obras de renovación do céspede do campo de fútbol das Tornas
Os traballos de renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal das Tornas, en Santa María de Oia, están xa en marcha. A actuación, que dá continuidade aos diferentes investimentos de mellora de equipamentos deportivos dependentes do Concello, inclúe tamén o cambio das dúas porterías principais.
A empresa adxudicataria do proxecto, Limonta Sport Ibérica, S.L., comezou recentemente os traballos, para os que o Concello de Oia destinará 236.350,86 euros. Estes fondos están incluidos dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra do exercicio 2023. O prazo de execución é de mes e medio.
O anterior céspede sintético foi instalado entre o ano 2010 e 2011, encontrandose xa no final da súa vida útil. Ademáis destas obras, o Concello levará a cabo obras menores complementarias, como o aseguramento dos postes situados na zona norte do campo e a substitución do marcador, que será financiado con recursos propios.