O Concello de Oia leva a cabo melloras na iluminación do casco histórico do Arrabal

O Concello de Oia levou a cabo unha iniciativa para mellorar a iluminación e seguridade no barrio do Arrabal, acomentendo a renovación de todas as luminarias ancoradas ás fachadas do casco histórico do Arrabal.

Un total de nove luminarias de ferro, que se encontraban en moi mal estado debido as condicións meteorolóxicas da zona, foron substituídas por modernas luces LED de alto rendemento.

Estas novas luminarias contan con materiais de alta resistencia á axentes externos, corrosión e accións de vandalismo contra o mobiliario urbano. Tamén dispoñen de medidas antielectrocución para garantir a seguridade dos cidadáns e son 100% reciclables, contribuíndo así á sustentabilidade ambiental.

O subministro destes novos materiais tivo un custo de 10.726,63 euros que o Concello financiou a través do Plan Concellos 2022, aproveitando o importe sobrante doutras actuacións xa executadas ao abeiro dese Plan.

Pin It on Pinterest

Share This