O Concello de Oia mellorou o camiño de Pedornes grazas a unha achega de máis de 52.000 euros do Plan Marco

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello da Oia, onde a Consellería do Medio Rural investiu máis de 52.000 euros na mellora do camiño de Perdornes, o 86% do total da obra, sendo que o restante foi asumido polo concello. Unha actuación enmarcada dentro do Plan Marco 2023-2024 que mellorará a accesibilidade e a seguridade dos veciños da zona.

Acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, o delegado territorial aproveitou a visita para destacar o traballo levado a cabo pola Xunta en colaboración cos concellos para a mellora das súas vías e camiños, unha colaboración que considera “imprescindible para coñecer as necesidades reais e os retos das zonas máis rurais, o que nos permite buscar a solución máis adecuada”.

Pin It on Pinterest

Share This